viernes, 20 de noviembre de 2020

Día Universal da Infancia

 Hoxe, 20 de novembro, é un día importante. Conmemoramos o DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA. 

Unha ocasión especial para reinvindicar os dereitos de todos os nenos e nenas do mundo: a ter un nome, a recibir educación, a opinar e ser escoitados, á saúde, á igualdade, ao descanso, a non ser discriminados, a ter unha familia, a recibir coidados especiais, a non ser abandonados, a recibir protección...




miércoles, 11 de noviembre de 2020

 SIMULACRO DE VIDEOCHAMADA O MÉRCORES 11 DE NOVEMBRO, ÁS 17.00 h.

Para acceder, pinchade neste enlace:

https://meetingsemea30.webex.com/meetingsemea30-es/j.php?MTID=ma6abc9c3e0952d5d929868cbcb650aa4 

no caso de que non vos deixe entrar neste enlace:

Entrades en eduxunta.webex.com

 introducir o número de reunión:

175 295 6426

co contrasinal:

clasemouchinos 

Escribides o nome do alumno ou alumna onde o pida 

Escribides como correo electrónico  nonresponder@edu.xunta.gal

jueves, 5 de noviembre de 2020

SOMOS ARTISTAS!

 Na aula dos Mouchiños, traballamos as emocións a través do cadro "El grito" do pintor noruego Munch.

Despois de observar o cadro con atención, falamos das emocións que nos transmite: angustia, medo... e pintamos a nosa particular obra de xeito global; convertémosnos en actores e actrices representando o xesto, e finalmente creamos a nosa propia obra de arte!

Somos uns artistas!